mércores, 20 de xuño de 2018

A maxia das letras



Desexamos que desfrutarades moito deste curso.

Velaí tedes unha pequena mostra do traballo do alumnado durante este ano que compartimos, un ano

mais, na nosa revista dixital "A MAXIA DAS LETRAS".

Enlace:

A MAXIA DAS LETRAS

Pasade un bo verano.

Vémonos en setembro!.

Un agarimoso saúdo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

mércores, 13 de xuño de 2018

O receitario do Outono



Ola, familias!

Este é o enlace para acceder ao receitario dixital elaborado polo alumnado do CEIP de Prácticas no curso 2017/2018.


RECEITARIO DO OUTONO

Xa podedes consultar o receitario na biblioteca do cole.

Saúdos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.




luns, 21 de maio de 2018

AS LETRAS 2018




Exposición de libros sobre a autora María Victoria Moreno e outros autores homenaxeados nas Letras Galegas.

Carteis coa biografía e obra da autora:


Apadriñamento lector:









luns, 14 de maio de 2018

Letras Galegas 2018


             O día das Letras Galegas de 2018 está adicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez. Durante estes días teremos unha exposición da súa obra, así como a doutras autoras e autores galegos destacados e, en cada aula, faremos actividades para dar a coñecer a súa figura e creación literaria.

               Durante os días 14, 15 e 16 o alumnado do cursos 3º,4º,5º e 6º faremos un apadriñamento lector cos nenos e nenas de 1º, 2º e de Educación Infantil. Por parellas de cores leremos e contaremos contos en galego. 

               Ademais destas actividades, lembrade que se vos entregou unha nota ás familias solicitando a vosa colaboración na conmemoración desta data. Pedimos que, ao longo de todo o mes de maio, elaboredes en familia un pequeno conto, cómic, poesía ou ilustración empregando o galego.

Moitas grazas pola vosa participación!. 

Saúdos do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.









luns, 26 de febreiro de 2018

O día de Rosalía de Castro



             O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro.

Para conmemorar o seu nacemento no colexio fixemos unha escolma da súa obra  que expuxemos na entrada do centro.


Durante a semana do 19 ao 23 de febreiro cada aula elaborou unha actividade e escoitou, entre outros, o poema recitado e musicado de "Adiós ríos, adiós fontes".

En Educación Infantil empregaron varias técnicas para colorear a caricatura da autora.
En Educación Primaria fixeron un punto de libro con poemas de Rosalía.

Primeiro e Segundo,  completaron os ocos que faltaban no poema de "Adiós ríos, adiós fontes"
Terceiro e Cuarto, copiaron unha estrofa do poema e inventaron unha nova rima.
Quinto e sexto, foron os encargados de detallar algo sobre a vida e obra de Rosalía no seu punto de libro.

As nenas e nenos de Primaria decoraron os seus puntos de libro con debuxos sobre o que lles suxería o poema musicado.

Con todos estes traballos fixemos o venres 23 unha exposición nas fiestras das nosas aulas, seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para os centros escolares #AbrideAFiestra.
Este foi o resultado. Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado pola vosa participación!.





















Un saúdo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.



venres, 16 de febreiro de 2018

Entroido



               O día 9 de Febreiro conmemoramos o entroido no CEIP de Prácticas.
               Fixemos un desfile no ximnasio para ensinar os nosos disfraces e merendamos doces típicos destas datas que trouxo cada familia.

               Velaí unha mostra do ben que o pasamos.