martes, 17 de novembro de 2015

EXPERICIENCIA: OS EXPERIMENTOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Despois da visita dos científicos, o alumnado de educación infantil comezou a recopilar información e materiais para facer os seus propios experimentos. Así que decoráronse os corredores e expuxéronse libros relacionados con ciencia, inventos e científicos.








Despois, comezaron a facer experimentos....




O dos palillos....

Inchar globos sen soprar, con bicarbonato e auga....
Mesturar auga e xabrón para facer escuma e pompas....


Algúns, sorprendéronnos cos seus experimentos, preparados na casa coas familias.
Por exemplo, este no que mesturamos auga, aceite e cor e imos vendo as diferentes mesturas que se forman.


Observamos como a auga e o aceite non se mesturan e a auga queda sempre debaixo. Se botamos cor, só se colorea a auga. Que interesante!




Tamén fixeron experimentos con candeas...


Outro  consistiu en mesturar auga de cocción de lombarda con diferentes líquidos, ácidos ou base. Puidose observar como con diferentes líquidos producíanse diferentes cores.






E diferentes reaccións.
Tamén probaron diferentes mesturas con auga para ver se se disolvíanou non, leite, sal, cacao, fabas, pedras,....


Ademais de rexistrar hipóteses e comprobacións.




Outro día saímos todos para facer pompas de xabrón.







E algunhas foron ben grandes.

Que expectación!


Ningún comentario:

Publicar un comentario