luns, 26 de febreiro de 2018

O día de Rosalía de Castro



             O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro.

Para conmemorar o seu nacemento no colexio fixemos unha escolma da súa obra  que expuxemos na entrada do centro.


Durante a semana do 19 ao 23 de febreiro cada aula elaborou unha actividade e escoitou, entre outros, o poema recitado e musicado de "Adiós ríos, adiós fontes".

En Educación Infantil empregaron varias técnicas para colorear a caricatura da autora.
En Educación Primaria fixeron un punto de libro con poemas de Rosalía.

Primeiro e Segundo,  completaron os ocos que faltaban no poema de "Adiós ríos, adiós fontes"
Terceiro e Cuarto, copiaron unha estrofa do poema e inventaron unha nova rima.
Quinto e sexto, foron os encargados de detallar algo sobre a vida e obra de Rosalía no seu punto de libro.

As nenas e nenos de Primaria decoraron os seus puntos de libro con debuxos sobre o que lles suxería o poema musicado.

Con todos estes traballos fixemos o venres 23 unha exposición nas fiestras das nosas aulas, seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para os centros escolares #AbrideAFiestra.
Este foi o resultado. Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado pola vosa participación!.





















Un saúdo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.



Ningún comentario:

Publicar un comentario